Sunday 07 de July de 2024

Incendio en colectores do lixo en diversos puntos do Concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados preto das 02.00 horas desta madrugada de incendios en numerosos colectores do lixo no Concello de Ribeira.

A chamada inicial alertaba dun lume que estaba a afectar a catro dispositivos na rúa Fontenova, nas proximidades do colexio Sagrado Corazón. O segundo aviso alertou do incendio que calcinou tres colectores na praia da Ameixida, a uns 200 metros da primeira incidencia, dous próximos á caseta de socorrismo e outro onde o bar da praia. Ademais, a Policía Nacional alertou dun novo incendio na praia de Area Secada, o cal xa fora extinguido por dito corpo de seguridade

As intervencións consistiron na extinción dos dispositivos e na posterior comprobación das condicións de seguridade para evitar que se reactivasen os lumes.

No operativo participaron tamén a Policía Local e Nacional.

Deja un comentario